Día 9 de abril, mércores
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Julio García Camiñas, catedrático da Universidade de A Coruña, sobre “Dereito Romano, patrimonio inmaterial herdado”
De 19.30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 26 a Astorga. Prezo 45 €.
Día 22, sábado
Viaxe a o Castro de Viladonga (pola mañá, con xantar) e pola tarde visita á exposición arqueolóxica e á cloaca da Sala Porta Miñá. Saída ás 10 horas.
11 de marzo
O conferenciante, que dedicou a súa charla a Manuel López Guitar, que foi un activo promotor do Arde Lucus, analizou o contexto xeográfico e histórico da fundación da cidade romana e logo pasou a comentar os aspectos arqueolóxicos máis relevantes que permiten deducir o tipo de sociedade galaico-romana e lucense, e incidiu na modificación da trama urbana de Lucus que supuxo a construción da súa muralla na 2ª metade do s. III.
Resaltou a importancia das inscricións epigráficas, que ás veces ofrecen problemas de interpretación pero que sempre proporcionan moita información de todo tipo sobre os distintos grupos sociais galaicos e romanos e sobre a súa vida e crenzas, para o que tamén aludiu às estelas funerarias e outras mostras escultóricas da Gallaecia.
Día 11 de marzo, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre "Lucus e o seu territorio na Gallaecia".
De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes do día 22 ao Castro de Viladonga e Sala Porta Miñá, con comida. Precio 35 €.
Día 11 de marzo, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Felipe Arias Vilas sobre "Lucus e o seu territorio na Gallaecia".
De 19,30 a 20 h., anotacións para as viaxes do día 22 ao Castro de Viladonga e Sala Porta Miñá, con comida. Precio 35 €.
22 de febreiro
A viaxe organizouse por ser a comarca de Bergantiños a zona onde houbo varias cantareiras, ás que se lles dedica este ano o Día das Letras Galegas. Ao chegar a Ponteceso, como un acto testemuñal, vimos a casa onde naceu e viviu o insigne poeta Eduardo Pondal, trasladándonos despois ao Museo Etnolúdico de Galicia (Melga), sendo recibidos polo seu creador e propietario das coleccións, Ricardo Pérez y Verdes, que nos acompañou na visita.
Co entusiasmo do estudoso e coleccionista, durante dúas horas explicounos as distintas seccións da exposición, facendo varias demostracións de xogos nos que participamos. Foi moi ilustrativa a explicación que ao comezo nos deu sobre os xogos diante dunha reprodución da pintura “Xogos de nenos” de Pieter Brueghel o Vello, onde se representa unha praza cunha multitude que practica case un cento de diversos xogos no século XVI. O mesmo lugar, pintado por Ricardo Pérez, representa a mesma paza baleira, cun só neno sentado no medio cunha tablet, como un exemplo evidente da diferenza entre os entretementos dos nenos de antes e os de agora.
Día 22, sábado
Viaxe a Vimianzo e Ponteceso. Saída ás 9 horas.
Día 18 de febreiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia do folclorista Isidoro Rodríguez Pérez “Sei cantar e sei bailar”, con motivo da dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral.
De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe a Zaragoza e Tarragona do 5 ao 9 de maio.
Día 18 de febreiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia do folclorista Isidoro Rodríguez Pérez “Sei cantar e sei bailar”, con motivo da dedicatoria do Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral.
De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe a Zaragoza e Tarragona do 5 ao 9 de maio.
1 de febreiro
Como actividade complementaria á conferencia de Pilar García Negro sobre “Castelao, obra artística”, visitamos o Museo de Pontevedra on de se atopa a colección maís importante da súa obra, precisamente no edificio denominado Castelao.
A visita guiada comezou vendo no edificio Sarmiento algunha das salas máis significativas, como a de arqueoloxía castrexa e romana, e a sala de Sargadelos, dous bos exemplos de historia do país e de museografía.
No edificio Castelao tivemos ocasión de ver as paisaxes de Ovidio Murguía, influencia dos pintores plenairistas, as pinturas de Fernando Álvarrez de Sotomayor, do movemento rexionalista, representativas do tradicional galego, e as paisaxes veraniegas da mariña coruñesa de Francisco Llorens, da corrente luminsta de Sorolla.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.